Gústanos crear comunidade

En Dest People levabamos tempo dándolle voltas a algo. Traballamos cada día con organizacións que se enfrontan a retos que non teñen unha resposta doada: como atraer e fidelizar talento nun mercado cada vez máis competitivo, como integrar a tecnoloxía sen perder o factor humano polo camiño, como construír culturas empresariais que aguanten o paso do tempo. E sabiamos que había moitos máis profesionais facéndose as mesmas preguntas, sen un espazo onde poder atoparse e traballar xuntos nas respostas.

Botabamos en falta unha xornada concibida desde o principio como un espazo de traballo real. Non un escaparate, non un evento ao uso. Un lugar onde sentarse xuntos, debater con honestidade e construír algo útil entre todos. En 2023 decidimos crealo. Así naceu Galicia Tech.

O evento

Galicia Tech é o encontro anual no que reunimos aos profesionais que están definindo o futuro das organizacións en Galicia. Un espazo onde persoas, negocio e tecnoloxía comparten mesa, debaten sen filtros e xeran conexións que van máis alá do evento.

Cada edición ten carácter itinerante e personalidade propia. Cada edición ten carácter itinerante e personalidade propia. Pasamos por Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, e seguimos percorrendo Galicia coa mesma idea de sempre: reunir a centos de profesionais, responsables e relatores de referencia para debater os retos que de verdade importan para o tecido empresarial da nosa comunidade.

Xa estamos preparando a vindeira edición de Galicia Tech. En breve contaremos todos os detalles!

Organiza

Galería