Cando o negocio e as persoas non avanzan aliñados, dá igual canto se pedalee: a enerxía dispérsase, o talento frústrase e a estratexia non se executa.
En Dest People definimos a folla de ruta de Recursos Humanos para que isto non suceda.
Estratexia binomio negocio-persoas
O teu proxecto está pedaleando coas dúas rodas na mesma dirección?
Como o facemos?
-
Estratexias a medio e longo prazo
Deseñamos, implantamos e facemos seguimento de estratexias a medio e a longo prazo que poñen en sintonía o negocio coas persoas que o fan funcionar. -
Mellora de estruturas e procesos
Traballamos na estrutura, na organización e na mellora de procesos cando hai que volver a pensar e reformular a organización por dentro. -
Propostas a medida
Analizamos en profundidade cada cliente para deseñar propostas a medida que respondan á súa realidade concreta. E no camiño, asesoramos e acompañamos continuamente.
Contacta
Comezamos a traballar na túa estratexia?
Axudámosche a aliñar ás persoas e o negocio para que todo avance na mesma dirección. Cóntanos o teu caso e damos xuntos o primeiro paso.