Política de privacidade

Datos do responsable do tratamento:

DEST PEOPLE S.L.

NIF B10558120

Enderezo postal: Plaza de Galicia 2-3 4º 15004 A Coruña

Correo electrónico:

DEST PEOPLE S.L. É unha sociedade de nacionalidade española con domicilio na Plaza de Galicia 2-3 4º 15004 A Coruña inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña T 3783, F 104, S 8, H C 61918, I/A 1 Ten o NIF B10558120 Correo electrónico: (

As presentes condicións rexen o acceso, a navegación e o uso da web de DEST PEOPLE, S.L. situada na URL https://www.destpeople.com

DEST PEOPLE, S.L. pon ao seu dispor a presente política de privacidade coa finalidade de informarlle, de forma detallada, sobre como tratamos os seus datos persoais e protexemos a súa privacidade e a información que nos facilita. No caso de introducir modificacións no futuro sobre a mesma, estas serán comunicadas a través da páxina web ou por outros medios, de modo que poida coñecer as novas condicións de privacidade introducidas.

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679, Xeral de Protección de Datos, e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámoslle do seguinte:

Con que finalidade tratamos os datos persoais do cliente?

En DEST PEOPLE, S.L. obtemos e tratamos a información de xeito xeral para xestionar a relación que mantemos cos nosos clientes e provedores dos servizos ofrecidos pola nosa empresa coas seguintes finalidades:

Provedores: Xestión do servizo e Facturación

Clientes: Prestación do servizo, facturación e xestión da relación cos clientes tanto persoas xurídicas como persoas físicas que solicitan participar nun proceso de selección e coaching.

Datos tratados como encargado do tratamento: na prestación dos nosos servizos podemos actuar como encargado do tratamento dos datos nos que os nosos clientes sexan responsables do tratamento.

Que datos recollemos?

Cando un cliente solicita os nosos servizos, tratamos os seus datos persoais como o nome, os datos de contacto e a información do seu CV. En determinadas ocasións e en función do servizo solicitado, é posible que solicitemos a realización dun test de personalidade; neste caso, sempre solicitaremos previamente o seu consentimento.

Así mesmo, cando as nosas empresas solicitan os nosos servizos tratamos os datos de contacto das mesmas e os datos precisos para a xestión do servizo contratado.

Por último, no caso dos nosos provedores, tratamos tamén os datos necesarios para a xestión dos servizos que nos prestan

En ocasións, se non nos proporciona os datos que necesitamos, é posible que non poidamos prestarlle os nosos servizos ou non poidamos contratar os seus.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A lexitimación para o tratamento dos datos recollidos é a execución do contrato que nos une cos nosos clientes, candidatos e provedores. Nalgunhas circunstancias pediremos o seu consentimento para o tratamento: así, por exemplo, para realizar avaliacións ou probas de aptitude. Na medida en que tratemos os seus datos persoais con base no seu consentimento, ten dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento solicitándoo en

Como recollemos a información?

Obtemos a súa información persoal a través de diferentes medios, entre os que se atopa a web, pero sempre será informado no momento da recollida mediante cláusulas informativas sobre o responsable do tratamento, a finalidade e a base legal do mesmo, os destinatarios dos datos e o período de conservación da súa información, así como a forma en que pode exercer os dereitos que lle asisten en materia de protección de datos.

En xeral, a información persoal que tratamos limítase a datos identificativos dos clientes, das persoas de contacto das nosas empresas clientes e provedoras (nome e apelidos e empresa á que representa, domicilio, NIF, teléfono, fax, correo electrónico, servizos contratados e datos de pago e facturación, se for o caso) e, no caso de clientes de procesos de selección e/ou coaching, o nome e apelidos, DNI, data de nacemento, teléfono, enderzo postal, correo electrónico, formación, experiencia profesional e datos facilitados en función do posto e do CV.

DEST PEOPLE, S.L. pode utilizar redes sociais. A información recollida a través das mensaxes e comunicacións que publica nas redes sociais pode conter información persoal que está dispoñible en liña e accesible ao público. Estas redes sociais contan coas súas propias políticas de privacidade nas que se explica como utilizan e comparten a súa información, polo que DEST PEOPLE, S.L. recomenda ao cliente que as consulte antes de facer uso destas para confirmar que está de acordo coa forma en que a súa información é recollida, tratada e compartida.

A través da nosa páxina web é posible que recollamos información relacionada coa súa navegación mediante o uso de cookies. Para coñecer de xeito claro e preciso os rastros que utilizamos, cales son as súas finalidades e como pode configuralas ou deshabilitalas, consulte a nosa Política de cookies.

Responsabilidade do usuario

Ao facilitarnos os seus datos a través de canles electrónicas, o usuario garante que é maior de 14 anos e que os datos facilitados a DEST PEOPLE, S.L. son verdadeiros, exactos, completos e actualizados. Para estes efectos, o usuario confirma que se responsabiliza da veracidade dos datos comunicados e que manterá convenientemente actualizada a devandita información de modo que responda á súa situación real, facéndose responsable dos datos falsos e inexactos que poida proporcionar, así como dos danos e prexuízos, directos ou indirectos, que poidan derivarse.

Canto tempo conservamos a información?

En DEST PEOPLE, S.L. só conservamos a súa información polo período necesario para cumprir a finalidade para a que foi recollida, para dar cumprimento ao servizo contratado ou ás obrigas legais que nos son impostas, para atender as posibles responsabilidades que poidan derivar do cumprimento da finalidade pola que os datos foron recollidos ou no caso de que vostede non exerza o seu dereito de supresión e/ou limitación do tratamento.

Ao finalizar a relación ou ao exercer o dereito de supresión e/ou limitación do tratamento, a información bloquearase ao dispor só de autoridades administrativas, policiais ou xudiciais competentes até a prescrición de obrigas legais e responsabilidades derivadas do tratamento, sendo este prazo xeralmente de seis anos trala finalización do contrato, agás que exista algún tipo de reclamación administrativa ou xudicial, os cales se almacenarán até que o procedemento finalice.

A quen comunicamos os datos do cliente?

En xeral, en DEST PEOPLE, S.L. non compartimos a información persoal dos nosos provedores e clientes, agás nas cesións que debemos realizar en base ás obrigas legais impostas.

No caso de candidatos, compartiremos os seus datos cos clientes que teñen vacantes para postos de traballo nos que a persoa candidata estea interesada. A base xurídica neste caso será a execución do contrato cos clientes e candidatos.

Aínda que non se trata dunha cesión de datos, para prestar o servizo solicitado pode ser preciso que terceiras empresas, que actúan como os nosos provedores, accedan a determinada información para levar a cabo o servizo. Estes encargados do tratamento acceden aos datos seguindo as nosas instrucións, sen que poidan utilizalos para unha finalidade diferente e mantendo a máis estrita confidencialidade. Esiximos por contrato aos nosos provedores todas as garantías necesarias para o tratamento. No caso de que sexa necesario o consentimento para a comunicación, solicitaráselle con antelación. Así mesmo, no caso de que fose necesario realizar transferencias internacionais fóra do EEE, asegurarémonos de que existan garantías axeitadas, utilizando, se for preciso, as cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea. Pode comunicarnos a súa oposición á cesión dos seus datos, aínda que nese caso, non sería posible prestarlle o servizo solicitado.

Así mesmo, a información persoal do cliente ao dispor das Administracións Públicas, Xulgados e Tribunais, para a atención de posibles responsabilidades derivadas do tratamento.

Os datos do usuario/cliente serán comunicados, no caso de ser necesario, ás entidades de crédito e de pagamento na medida necesaria para a xestión do cobro dos servizos contratados.

Comunicacións comerciais.

Os datos proporcionados serán tratados por DEST PEOPLE, S.L. coa finalidade de prestarlle o servizo solicitado ou enviarlle a información solicitada.

No caso de que non sexa cliente, no momento de recoller os seus datos solicitaremos a súa autorización para enviarlle publicidade relacionada cos nosos produtos e servizos.

En calquera momento o Cliente pode opoñerse ao envío desta información a través dos procedementos proporcionados nas propias comunicacións comerciais.

Trataremos os seus datos con esta finalidade mentres sexa cliente de DEST PEOPLE, S.L. se marcou a casa correspondente no momento da contratación e non se opuxo a recibir estas comunicacións

Dereitos

No caso de que os seus datos non estean considerados como datos de contacto dunha empresa, pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade de datos, e oposición e limitación ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas exclusivamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando proceda. Pode exercitalos por correo electrónico á dirección , indicando o dereito a exercitar e achegando a documentación requirida de acordo coa normativa vixente. Na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es/es) pode atopar unha serie de modelos que lle axudarán para exercitar os seus dereitos.

Así mesmo, informámoslle de que pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Seguridade

En DEST PEOPLE, S.L. comprometémonos a protexer a súa información. Utilizamos medidas, controles e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguridade dos datos dos nosos clientes.

Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais recibiu formación e coñece as súas obrigas en relación co tratamento dos datos persoais.

No caso dos contratos que asinamos cos nosos provedores incluímos cláusulas nas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto dos datos de carácter persoal aos que teñan tido acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento de datos persoais. Todas estas medidas de seguridade son revisadas de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade.

Porén, non se pode garantir unha seguridade absoluta e non existe ningún sistema de seguridade impenetrable; por iso, no caso de que calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha fenda de seguridade, adoptaremos as medidas pertinentes para investigar o incidente, notificaremos á Autoridade de Control e, se for o caso, aos usuarios que puidesen verse afectados para que tomen as medidas axeitadas.