As empresas coas que traballamos son tan diversas como os retos que afrontan. Temos experiencia en sectores moi distintos, desde a alimentación e a tecnoloxía ata a loxística, o naval ou a industria. A maioría son empresas galegas, aínda que a nosa actividade se estende tamén a outras rexións de España e cruza fronteiras cara a países como o Reino Unido e Portugal.