Persoas · Estratexia · Negocio
A xestión das persoas e do negocio non é un sprint, é unha carreira de fondo.
Integrámonos na túa organización como o teu departamento de Recursos Humanos: deseñamos e implantamos estratexias e proxectos de xestión de equipos e persoas, garantindo o equilibrio e a sostibilidade do binomio negocio-persoas.
Que somos
Dest People
Somos o partner estratéxico que acompaña ás organizacións na xestión do seu negocio e dos seus equipos, coa visión de mellorar e fortalecer a relación de confianza entre a empresa e as persoas que a integran.
Orientación ao cliente
Escoitamos e adiantámonos ás necesidades de cada cliente.
Produtividade
Traballamos co foco no que de verdade importa.
Talento colaborativo
Integrámonos nos equipos das organizacións que nos elixen.
Innovación e calidade
Non nos conformamos co que xa funciona se hai unha forma mellor de facelo.
Excelencia
Impórtanos tanto como facemos as cousas como o que facemos.
Compromiso
Asumimos cada compromiso coa convicción de cumprir co que dicimos.
Servizos
As nosas solucións
Eventos Dest
Gústanos facer comunidade
Por iso creamos Galicia Tech, un encontro anual no que reunimos arredor de 120 directivos e directivas da comunidade