Quen somos
O equipo que se senta contigo para analizar o percorrido, trazar a estratexia de carreira e acompañarte ata cruzar a meta.
As nosas orixes
O noso ADN
Dest People naceu co soño de mellorar a relación de confianza entre as empresas e as persoas que as fan posibles.
Cremos que as organizacións que constrúen contornas de confianza, coidan a cohesión dos seus equipos e entenden que o negocio e as persoas inseparables son as que acadan equipos de alto rendemento que perduran. Para nós iso é o binomio negocio-persoas. É o noso ADN e a razón pola que traballamos deste xeito.
Os nosos valores
Escoitamos e anticipámonos ás necesidades de cada cliente para propoñer solucións adaptadas á súa realidade e construír relacións baseadas no compromiso e no crecemento mutuo.
O equipo que correrá contigo
Detrás de cada corredor hai un equipo que protexe ao líder no pelotón e que o empurra se as pernas fallan. Sen ese equipo, a carreira non se gaña.
Diego Incio
Fundador e CEO
Diego Incio
Nado en Ferreira de Pantón e aveciñado na Coruña, considérase un cidadán do mundo tras unha carreira que o levou a moitos lugares. Apaixonado do concepto binomio negocio–persoas, busca conectar ambos os mundos para crear entornos de crecemento conxunto. Actualmente, os seus principais intereses están marcados polos meniños da casa.
Carlos Pérez
Socio e Director Comercial
Carlos Pérez
Ourensán de orixe, vigués de adopción e coruñés por traballo. Ben repartido por Galicia, como el mesmo di. Gústalle entender ás persoas. O que precisan, o que buscan, o que expresan sen palabras.
Cando precisa ordenar ideas, pon o chándal e sae camiñar.
As súas fillas agochan as gomas de azucre cando el está na casa. Polo que sexa.
Alba Gil
People Project Manager
Alba Gil
O que máis lle gusta do seu traballo é combinar a visión estratéxica da empresa coa proximidade cara ás persoas, acompañándoas especialmente nos momentos de cambio. Para desconectar, desfruta da montaña, da praia ou mergullándose nun documental de true crime — e si, de pequena soñaba con ser parte do CSI e algo quedou.
Laura Requejo
People Project Manager
Laura Requejo
Encántanlle os retos. Di que no seu traballo nunca hai dous días iguais e que iso é o que máis lle gusta.
É enérxica, familiar e cando se marca un obxectivo non solta o guiador até que o consegue.
No seu tempo libre fai deporte, preto do mar ou coa súa xente.
Natalia Pazos
People Project Manager
Natalia Pazos
Gústanlle os retos porque lle permiten medrar e aprender, e porque sabe que sempre hai unha solución se se mira desde o ángulo axeitado.
Fóra do traballo, poderás atopala cun libro na man, descubrindo novos lugares ou gozando dunha boa comida.
MODELO DEST
A nosa firme convicción é que o negocio e as persoas son inseparables, e que só desde o equilibrio dese binomio se acada o éxito.
Por iso creamos o modelo DEST, unha metodoloxía propia coas ferramentas que abarcan as necesidades directivas, estratéxicas e de xestión de persoas que o mercado demanda.